30/08/16

CII Aniversario do Deportivo Auténtico

Hai pouco mais de tres anos constituimos este club, que pretende fomentar o deporte e o coñecemento da actividade deportiva da cidade.

O nome foi recollido do ano 1914, cando os xogadores do Deportivo desautorizaron a súa directiva xogando un amigable contra o eterno rival Coruña F. C., saltándose o boicot estabrecido polos directivos e que o único que lograra era perxudicar ao deporte local.

Unha actividade de hai xusto hoxe 102 anos, foi a a primeira actuación do que logo veu a denominarse CLUB DEPORTIVO AUTENTICO.

Tempo despois o equipo e a directiva chegaron a un acordo co cese case completo da segunda.

Tentaremos nesta vindeira temporada 2016-2017 relanzar a actividade do noso club.



Ningún comentario :

Publicar un comentario