13/12/18

VII TORNEO DE NADAL

O sábado 15 de nadal celebraremos a séptima edición do noso Torneo de Xadrez.

Tras a primeira edición no Playa Club e as dúas seguintes no MUNCYT repetimos de novo na que ven sendo a nosa casa nos últimos anos, no Centro Comercial Los Rosales, onde os xogadores de calquera idade poderán disputar as partidas deste torneo.

Toda a información aparece no cartel que acompaña esta nova.

Nome do Torneo: VII TORNEO DE NADAL

Data: 15 de decembro de 2018.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 11,30.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 6 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 20 minutos a finish.

Horario das roldas: 11,30 / 12,15 / 13,00 / 17,00 / 17,45 / 18,30.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

En cada categoría:
1º Clasificado: Trofeo.
2º Clasificado: Trofeo.
3º Clasificado: Trofeo.

Todos os participantes recibirán unha medalla.

Cota: Gratuito.
De xeito voluntario os participantes poden colaborar na nosa recollida para o Banco de Alimentos.
(O ano pasado con esta acción que fixemos conxuntamente con INCUDE recollimos casi 90 kilos -VER-)

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME

Hai un límite de participantes de 80 xogadores

Ningún comentario :

Publicar un comentario