20/01/21

ACTIVIDADE DE XADREZ ONLINE

Todo parece indicar que durante 2021 imos ter poucas actividades presenciais de xadrez con moita participación. Xa veremos se dentro de 11 meses poderemos facer de novo o torneo de maior participación da Coruña, pero adaptándonos ao que temos hoxe lanzamos o Club Online de Xadrez da nosa entidade.

En colaboración co Centro Comercial Los Rosales e a Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) a idea é facer un club online que teña torneos online amigables todas as semanas.

A pertenza ao club é gratuita. 

No formulario verás tamén a opción de facerse socio do Club Deportivo Auténtico, pero non é obrigatorio

Se decides facerte socio pagando recibirás no teu domicilio un libro de problemas básicos e tamén terás preferencia na participación do torneo presencial de nadal.

O primeiro torneo será o domingo 24 de xaneiro ás 17,00 horas. Torneo Arena a 5 minutos de tempo e unha hora de duración.

Como participar?

Segue os seguintes pasos:

1. Crea unha conta en lichess.org

Se xa tes unha conta segue ao seguinte paso

2. Pide entrada do equipo de Lichess 


Un dos administradores dará validez a túa entrada en canto cumplas co terceiro paso;

3. Cubre o formulario de inscrición no club online.

Alguén comprobará que están ben cubertos os datos e dará acceso ao Club (pode tardar unhas horas).




Ningún comentario :

Publicar un comentario